O Pereiro pon en marcha unha campaña para incorporar voluntarios a Protección Civil

La Voz

O PEREIRO DE AGUIAR

cedida

O municipio é un exemplo do sistema integrado deste servizo e o de Emerexencias

19 feb 2020 . Actualizado a las 13:49 h.

O Concello do Pereiro de Aguiar porá en marcha unha campaña de captación de voluntarios para Protección Civil. A iniciación da mesma anunciouse logo da celebración dunha xuntanza na que participaron o rexedor municipal, Luis Menor, e o personal do Servizo de Emerxencias da Xunta. Segundo o alcalde «esta campaña ten como obxectivo potenciar este voluntariado, buscando entre os veciños de Pereiro novos candidatos interesados en reforzar a agrupación existente, incrementando o seu número de voluntarios». O concello de Pereiro de Aguiar é un claro exemplo do sistema integrado de Protección Civil e Emerxencias, segundo apuntou,  e o municipio conta dende o ano 2014 cun grupo profesional, o GES de Pereiro, que atende as emerxencias que se producen en oito concellos da área periurbana de Ourense. Ademais dispón da AVPC (Asociación de Voluntarios de Protección Civil) de Pereiro de Aguiar, que foi fundada no ano 1993, e conta na actualidade con 21 voluntarios e 9 candidatos a ser voluntarios de protección civil. No Pereiro son numerosas as actividades deportivas e culturais e a AVPC faise necesaria para colaborar na seguridade destes eventos. Por elo o concello inicia a campaña de captación de novos candidatos para AVPC, a que ademais se lle destinará unha cantidade económica, dentro dos presupostos, para o seu funcionamento.