«Pereiro de Aguiar non está en estado de emerxencia»

Maite Rodríguez Vázquez
Maite rodríguez OURENSE / LA VOZ

O PEREIRO DE AGUIAR

cedida

Luis Menor, ex director xeral da Xunta, concorre como candidato do PP no seu concello

23 may 2019 . Actualizado a las 08:16 h.

Habituado a ter encendido o teléfono as 24 horas, como director xeral de emerxencias que foi durante catro anos, Luis Menor Pérez (Calvelle, 54 anos) di que regresa «curtido» á política municipal, na que participou oito anos como concelleiro en Pereiro de Aguiar, concello no que agora concorre como candidato do Partido Popular. Durante os nove anos que estivo ocupando cargos na administración autonómica, afirma que seguiu prestando atención ao que acontecía no Pereiro. «Sempre estiven involucrado na vida da miña parroquia; Son o Luis de Calvelle, os veciños xa me coñecen e eu a eles», di, lembrando que foi presidente da asociación veciñal.

Ten o reto de darlle a remuda a Eliseo Fernández e aos seus 32 anos de maiorías. Asume que se sae alcalde terá que seguir pendente do teléfono. Pero, aclara, «Pereiro non está en estado de emerxencia». «Pasou de ser un núcleo rural pegado a Ourense que perdía poboación a ter case 6.500 habitantes e un parque empresarial con dous mil empregos. Os macrodatos son positivos pero sempre se necesita avanzar e este equipo ten un bo binomio entre veteranía e cambio». Declárase ambicioso en canto aos obxectivos: o parque acuático, a dinamización turística, o CIM, o transporte público, ben sexa metropolitano o recuperando o municipal, son proxectos que, subliña, teñen o respaldo da Xunta e da Deputación. Di que se caracteriza pola xestión e cre que os veciños valoran por riba de todo que se lles dean servizos.