Roberto Cid: «Estou tratando de loitar por unha vida lonxe das drogas»

La Voz OURENSE / LA VOZ

O PEREIRO DE AGUIAR

Atox celebra varias actividades para conmemorar el Día internacional de la lucha contra la droga

23 jun 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

La Asociación de Ayuda al Toxicómano (Atox) celebra hoy el Día Internacional de la Lucha contra la Droga, con una serie de actividades que comenzarán en su sede a las 11.30 horas y que se desarrollarán durante todo el día. En la revista Fiadeiro que acaban de publicar, un preso que participa en el programa de apoyo y seguimiento a la abstinencia socio-laboral en el centro penitenciario de Pereiro de Aguiar cuenta su historia. Todo un ejemplo: «Chámome Roberto Cid, teño 34 anos e son de Verín. Agora mesmo estou pasando por unha situación moi complicada que a ninguén lle desexo. Pero tamén é certo que todo isto é a consecuencias da miña mala conduta. Todo comezou cando tiña 16 ou 17 anos, que comecei a coquetear coas drogas, deixando de lado ós estudos, non facendo caso ós meus pais e, sobre todo, saltándome os límites que un rapaz desa idade ten que ter. Convertinme nunha persoa moi agresiva, no facendo caso das persoas máis próximas e relacioneime cas compañías menos adecuadas. Con 21 anos fun ó primeiro programa de drogodependencias baixo a presión dos meus pais. Nesa época non aceptaba ordes, consellos nin nada, aguantei ata a fase de reinserción e abandonei o programa. Comecei a traballar co meu pai e motivoume a ilusión que tiña para sacarme todos os carnés de conducir. Ese obxectivo consígoo pero ó ano e pico xa volvo a relacionarme coa xente consumidora e volta á rutina e outra vez a ese pozo sen saída. Consigo traballos que me gustan: conducir un tráiler de ámbito internacional para as mellores empresa. Pero sempre fracaso porque o consumo estaba presente. E cerro moitas portas. Non sei se foi por causalidades, morbo, avaricia ou por buscar experiencias novas, pero cruzouse no meu camiño unha persoa que realmente fíxome perdelo todo. Na última empresa que estiven, das mellores da provincia, levaba un ano cando coñecín a una rapaza que consumía como min. Entramos nun círculo vicioso, perigoso e arriscado. Polo que a relación non se baseaba no respecto nin en nada que se parecera».

«Isto todo remata moi mal. No entendo o motivo, a razón. Non entendo nada. Quitáronme os carnés e toquei fondo. Non pedín axuda á familia nin a ninguén porque tiña diñeiro aforrado e desafogueime: drogas, alcohol... Saía todos os días e xunteime con 17 causas xudiciais. Con todo isto rematei na prisión e pedín axuda á miña familia que ó fin e cabo sempre está aí. E así, con idas e vindas, estou tratando de loitar por unha vida nova e fora do consumo. Solo podo dicir que se alguén ten o máis mínimo problema que pida axuda. E que a pelota non se faga máis grande e explote. E logo sexa demasiado tarde. Teño un sentimento que non se pode explicar facilmente. Porque despois de telo todo pasei a non ter nada. Toda acción ten unha reacción e unha consecuencia. Así que se a alguén lle valen estas palabras, que tome nota. Agora estou en prisión e quero dar a grazas a Atox por todo o que fan por nós. ¡Grazas por todo!».

En la actualidad, la asociación ofrece diferentes programas. El jurídico y social dio cobertura a 1.107 personas. Cuentan con un piso de apoyo a procesos terapéuticos con seis plazas que están ocupadas todo el año. Piden información a Atox una media de 48 personas al mes. La mayoría son consultas relacionadas con toxicómanos, seguidos de alcohólicos y ludópatas. Atendieron en el 2015 a 64 internos de la cárcel de Pereiro y un total de 131 personas participaron en el programa de reinserción laboral por riesgo de exclusión social. Todos los programas que se llevan a cabo se sostienen gracias a los socios, que llegan a los 600, y a los nueve voluntarios que colaboran.