Boborás, Carballeda de Avia, Monterrei e O Irixo terán «aldeas modelo»

La Voz OURENSE

O IRIXO

MIGUEL VILLAR

A consellería de Medio Rural presentou as iniciativas que se sumarán á de Osmo

13 nov 2019 . Actualizado a las 15:14 h.

A iniciativa da Xunta de recuperar zonas abandoadas para adicalas a actividades agrogandeiras, ao tempo que se reducen os espazos que poderían ser orixe de incendios forestais, está xerando un importante número de solicitudes e peticións para acoller un proxecto como o que se está a desenvolver en Osmo (Cenlle), que é a primeira experiencia deste tipo que se está a promover en Galicia. Preto de medio cento de solicitudes foron rexistradas na Consellería de Medio Rural e o departamento que dirixe o ourensán José González presentou os cinco proxectos que darán continuidade á experiencia de Osmo. A maior parte das iniciativas, catro, corresponden a concellos da provincia de Ourense. Así, as próximas aldeas modelo serán as de Penedo (Boborás), Muimenta (Carballeda de Avia), Infesta (Monterrei) e Trabazón (O Irixo). Completan as propostas a que se desenvolverá en Trascastro (O Incio). En conxunto, nos catro municipios ourensáns recuperaranse 293 hectáreas de terreos que na actualidade están abandoados.