O Irixo terá unha senda peonil entre O Abanico e a estación de ferrocarril

La Voz

O IRIXO

O investimento no proxecto será de 180.000 euros

13 jul 2018 . Actualizado a las 19:10 h.

O Consello da Xunta aprobou onte a sinatura dun convenio de colaboración co Concello do Irixo para a creación dunha senda peonil que unirá o núcleo de O Abanico, na intersección coa estrada OU-902 (a que une O Carballiño e Lalín), e a estación de ferrocarril deste municipio, na vella estrada OU-223. O investimento estará preto dos 180.000 euros e con esta actuación o que se persegue é incrementar a seguridade viaria para os usuarios deste tramo. O proxecto a desenvolver incluirá unha senda peonil de 840 metros de longo, e 1,8 metros de ancho, que se deseñará atendendo a criterios de accesibilidade.