«Se Penedo chega a dicir esto antes das eleccións municipais non sae alcalde»


O fundador da cooperativa de Santa Mariña de Loureiro atópase especialmente doído pola forma de actuar do rexedor do Irixo, Manuel Penedo Paradela, co proxecto da planta de tratamento de residuos. Ata o punto de asegurar: «Era un home que gozaba de moita simpatía e que era moi querido pero hoxe xa non».

-¿Non está entón conforme coa forma de actuar do alcalde?

-Non porque a un político elíxeselle para pórse ao servizo do pobo e a súa misión non é ocultar, como fixo ata agora, senón informar. O pobo é o que debe decidir, se el explica o por que e os veciños, por maioría, acéptano non hai nada que dicir pero non é o caso. Ademais é falso que teña o apoio do 75% dos veciños, o pobo está moi cabreado coa súa forma de actuar e coas consecuencias que terá a planta. Somos case trescentos os que estamos en contra.

-¿Pide entón máis información?

-É que ata agora actuou de costas ao pobo e sen dar ningunha información, déuselle unha maioría absoluta pero se Penedo chega a dicir isto antes das eleccións non sae alcalde. Agora está convocado o sábado a unha reunión para informar aos veciños, nós facemos o que el non fixo e debería facer. Eles non son os donos do cotarro, están para servir non para servirse nin convertelo nun medio de vida. Non pode ser así.

-¿Sente traizoado polo alcalde?

-Si, pensamos que tiñamos un servidor para o pobo e neste caso non o foi, defraudounos a todos. Con esta forma de actuar un pode pensar cousas, non digo que sexa o caso, nin moito menos, pero esta forma de proceder non é correcta e fai pensar aos veciños que pode haber cazo, e é o que pensan. Non se pode facer como el o fixo, primeiro tiña que informar á xente e despois libremente deixar elixir.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
10 votos

«Se Penedo chega a dicir esto antes das eleccións municipais non sae alcalde»