Mariña Arbor presenta a súa obra «A ruta dos trobadores» no Carballiño

La Voz

O CARBALLIÑO

Moleiro, Mariña Arbor y Harvey L. Sharrer presentaron ayer el «Pergamino Vindel».
Moleiro, Mariña Arbor y Harvey L. Sharrer presentaron ayer el «Pergamino Vindel». fOtos: Paco Rodríguez

A actividade desenvolverase na tenda de deseño galego OZOCO Gz

11 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A profesora da Universidade de Santiago de Compostela Mariña Arbor Aldea presenta este sábado, día 12, o libro «A ruta dos trobadores. Transitando polas vías da lírica hispana». Mariña Arbor foi a coordinadora da investigación e da publicación da USC. A presentación desenvolverase na tenda de deseño galego OZOCO GZ, de O Carballiño, a partires das 12.00 horas. A presentación da autora correrá a cargo de Xosé Luis Sobrado Pérez, historiador e presidente do Centro de Estudos Chamoso Lamas da Comarca do Carballiño.