Aberto o prazo de inscripción do Fetega

As propostas poderán enviarse ata o 12 de febreiro ás 20.00 horas

Un dos obradoiros de teatro, organizados polo Fetega na pasada edición
Un dos obradoiros de teatro, organizados polo Fetega na pasada edición

Ourense

O Fetega acaba de facer pública a convocatoria para participar na súa edición número 32, que terá lugar a segunda semana de setembro no Carballiño. O ano pasado presentáronse máis de cen espectáculos, dos que oito foron elixidos para formar parte do programa do festival. As obras ou espectáculos teatrais, dos que se valorará especialmente que sexan estreas segundo os criterios de selección, deberán desenvolverse en galego e estar producidos en Galicia.

As propostas, que competirán polos premios Dorotea Bárcena, poden enviarse dende hoxe ata o venres 12 de febreiro, ás 20.00 horas. Os interesados en participar deberán cubrir un documento de inscrición, describir a obra que presentan e achegar o material de valoración que se solicita no formulario electrónico habilitado. Distínguense seis categorías: teatro de sala para público adulto e outra para nenos, de exterior para público familiar, de rúa para público familiar, monólogos cómicos e, por último, «performances» e pequenos formatos.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Aberto o prazo de inscripción do Fetega