70 libros gratis para os nenos de Carballiño

A iniciativa da libraría ten por obxectivo promocionarse e fomentar a lectura infantil

A entrega de libros terá lugar o sábado 1 de agosto na libraría Carlin, en O Carballiño.
A entrega de libros terá lugar o sábado 1 de agosto na libraría Carlin, en O Carballiño.

Os nenos da comarca de O Carballiño poderán conseguir un libro de balde este sábado, grazas á iniciativa da libraría Carlin. Despois de varias campañas promocionais, a libraría decidiu dar un paso máis aló e agasallar ós máis pequenos cunha campaña similar á promovida polo Concello de Ourense, pero nunha escala proporcional. «Xa levamos un tempo facendo sorteos e entregando cousiñas polas redes sociais, para incentivar o consumo. Sentimos a necesidade de facer unha promoción máis importante, e vimos que outros concellos e institucións facían algo así. Aquí en O Carballiño non se fixo, entón decidímolo facer nós; claro que dentro das nosas posibilidades, xa que somos unha empresa moi pequeniña», conta Javier Álvarez, xerente da libraría.

Os afortunados serán os primeiros 70 nenos que se pasen pola libraría o vindeiro sábado, primeiro de agosto. Para isto, os cativos teñen que pertencer a comarca de O Carballiño, ter entre 3 e 12 anos e elixir un libro de 15 euros ou menos. «As lecturas escollidas serán de ata 15 euros, aínda que poden pagar a diferenza se queren un de prezo superior. Cremos que os libros infantís de lectura non adoitan pasar desa cantidade», explica Álvarez.

O obxectivo vai máis alá da propia promoción, pois buscan chegar a un público infantil e fomentar a lectura nestes tempos difíciles para os nenos: «este ano tiveron un final de curso pouco habitual. Para evitar que sigan nese período de pouco traballo, gustaríanos que se metan un pouco máis na lectura, e que non se esquezan de os libros están aí».

O sábado desenvolverase esta oportunidade para os máis pequenos da comarca, vixente dende a hora de apertura ata regalar o libro número 70.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

70 libros gratis para os nenos de Carballiño