A Residencia do Carballiño acolle unha nova edición do programa «Xuntos polo Nadal»

A conselleira Fabiola García visitou aos participantes na campaña da Xunta


Ourense

O despoboamento e unha media de idade alta provocan que cada ano moitos galegos pasen as festas de Nadal sós. Sexa por non ter familia ou porque a mesma está lonxe e non se pode achegar ata Galicia. E, ademais, a Xunta conta con dúas residencias de tempo libre que están pechadas fóra de tempada. Da necesidade de dar resposta á soedade dos maiores nestas festas e de vencellar iso coas infraestruturas existentes, naceu o programa da Xunta de Galicia Xuntos polo Nadal. E a Residencia de Tempo Libre do Carballiño é un dos espazos, a outra está en Nigrán, que acolle aos beneficiarios desta convocatoria anual. Aos dous centros súmase nesta edición a Residencia Xuvenil de Lugo. Ata as instalacións carballiñesas achegouse onte a conselleira de Política Territorial, Fabiola García, para coñecer de primeira man aos participantes no programa social e saber como valoran a iniciativa na que están a participar nestas datas festivas.

Os beneficiarios de Xuntos polo Nadal que están na Residencia de Tempo Libre do Carballiño son persoas que pertencen ás provincias de Ourense e Pontevedra e para esta convocatoria ofertáronse 105 prazas para as instalacións do Carballiño. O programa de Política Territorial contempla a estancia entre os días 23 de decembro e 7 de xaneiro. Xuntos polo Nadal incrementou 35 prazas este ano, chegando ás 295.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Residencia do Carballiño acolle unha nova edición do programa «Xuntos polo Nadal»