O Arousa viaxa ao Carballiño máis preocupado do campo ca do rival

Pablo Penedo Vázquez
pablo penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

O CARBALLIÑO

Agostiño Iglesias

Rafa Sáez preparou un partido de fútbol directo prevendo o mal estado do terreo de xogo do Espiñedo polas choivas. Pacheco e Róber son baixa

17 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

«El condicionante principal no va a ser lo que nos plantee el rival. Va a ser el terreno de juego en malas condiciones». Sen desmerecer as calidades do Arenteiro, o adestrador do Arousa, Rafa Sáez, analizou o compromiso do seu equipo esta tarde (17 horas) na decimoterceira xornada de Liga antepoñendo o peso do escenario da batalla á estratexia e ao arsenal inimigo. Algo lóxico cando falamos dun equipo como o arlequinado que fai do control e da circulación do esférico a base do seu argumentario balompédico, que tan bos resultados lle está a dar neste primeiro terzo de campionato.

Sabe o Arousa xa o que é ter que moverse nun campo en mal estado. Pero, subliña Rafa Sáez, «este partido no tiene nada que ver con el de Redondela. Allí el campo estaba mal, pero no fue un partido físico. En O Carballiño, si el campo está mal, se va a embarrar, y va a condicionar el aspecto técnico. No va a permitir enlazar pases, ni que el balón ruede. Va a hacer que los jugadores tengan un desgaste muy grande». E inda sen mencionalo explicitamente, supón un elevado risco para a integridade física dos futbolistas: «En un partido de estas características lo que más me preocupa es que haya cosas que se escapen al control del entrenador y de los jugadores. Lo que tienes interiorizado, como mecanismos de pase, mecanismos de salto, mecanismos de arrancada, mecanismos de anticipación... En las acciones técnicas, aún sabiendo que el campo está mal, te cuesta adaptarte».

Ante este punto de partida, o adestrador pontevedrés afirma que «vamos preparados» cun «plan B». «Durante la semana hemos previsto que no podamos elaborar tanto el juego, y jugar más sobre hombres adelantados». Isto é, practicar un fútbol directo. A única maneira sobre o papel de sacar rédito no desprazamento de hoxe se, como temen no Arousa, o campo do Espiñedo está tan brando como de costume neste tipo de períodos de choiva, ameazando con enlamarse en pouco tempo. «Trataremos de adelantarnos a las circunstancias lo mejor posible, y que las circunstancias no se nos adelanten a nosotros», di o técnico.

A Rafa Sáez tócalle facelo sen o concurso de Pacheco nin de Róber. O primeiro, baixa por enfermidade, o segundo, reservado por precaución por problemas musculares.

Pese a facer fincapé no escenario de xogo, Rafa Sáez deixa claro o seu máximo respecto por un rival que figura decimocuarto na clasificación a 9 puntos do Arousa, pero que dispón dun cadro de xogadores confeccionado para pelexar polos postos nobres da clasificación. Un equipo que, ademais, conta con «la presión de la grada -uns 1.000 seareiros- que lo hace más fuerte en casa», di o técnico arlequinado, que salienta ademais a capacidade do Arenteiro para facer unha proposta de peso co balón no pé.

O encontro co Alondras do vindeiro domingo xogaráse no Salvador Otero

Nin o campo de Baltar, en Portonovo. Nin o de Cordeiro en Valga. Tampouco o de Vilaxoán. O Arousa recibirá o Alondras o vindeiro domingo, día 24, no Salvador Otero da Illa. O Céltiga, inquilino do terreo de xogo, contestou a primeira hora da tarde de onte afirmativamente á petición do presidente arlequinado, Manolo Abalo, de disputar na instalación insular o encontro correspondente á decimocuarta xornada da Liga de Terceira. Un choque que o Arousa non pode xogar na Lomba debido ás obras de reforma integral da cuberta da grada de preferencia.

A primeira opción barallada polo club vilagarcián era terse medido ao Alondras en Baltar. Pero o Portonovo, que xa dera o o.k., comunicoulle a comezos desta semana que non ía poder ser, xa que as fortes e persistentes choivas destas semanas obrigaban o seu propio equipo a cambiarse hoxe para o sintético de Baltar de Arriba ante o delicado estado do seu campo de herba natural.

O voceiro da directiva do Céltiga, Álex Zels, recoñece que o ideal sería deixar descansar o céspede do Salvador Otero, no que hoxe o seu conxunto de Preferente recibe o Cultural Areas. Mais, di Zels: «Se hai que botar unha man, bótase. Hoxe por ti, mañá por min». Unha mostra de solidariedade que chega ata o último extremo: «Prepararémoslle o campo ao Arousa coma se fose para nós».

Amarrado o Salvador Otero, o Arousa aforraráse o coste dos autobuses que ía ter que poñer a disposición dos seus socios e seareiros de xogar en Baltar.