Alumnos do IES Nº1 do Carballiño, gañadores dun concurso de curtas sobre doazón de órganos

La Voz OURENSE

O CARBALLIÑO

cedida

A curtametraxe premiada leva por título «Segue latexando»

08 jun 2019 . Actualizado a las 10:08 h.

O pasado día 5 de xuño, Día Nacional do Doante, un grupo de alumnos do IES Nº 1 do Carballiño formado por Daniel Fernández Filloy, Yoel González Penín, Raúl Carballeda Troncoso, Paula Trigás Nogueira, Mª Josefina Sanmartín Crispín, Aymara Aranguren Pereira, Daniel Guarino Sosa e Iván Trillo Juiz recibiron o 1º Premio acadado no VI Concurso de curtametraxes para escolares relacionado coa doazón e os transplantes. O acto de entrega de premios celebrouse en Santiago no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) e estivo presidido polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña. A curtametraxe premiada leva por título «Segue latexando», foi escrita e estivo dirixida por Daniel Fernández Filloy e nela participaron todos os demais alumnos e alumnas indicados. Todo este traballo estivo supervisado pola profesora de Bioloxía Mª José Fidalgo Lamas e foi realizado como unha actividade relacionada coa materia de Anatomía de 1º de Bacharelato.

O obxectivo fundamental deste concurso é concienciar e sensibilizar á xente nova na tarefa de salvar vidas a través da doazón de órganos. Preténdese, polo tanto, incidir na poboación escolar galega sobre unha realidade que atinxe a todos.