O Carballiño destinará 145.000 euros a rematar a rehabilitación da fábrica de papel

As previsións do Concello pasan por ter finalizadas en agosto as «partes esenciais» das obras


O Concello do Carballiño daralle un impulso ás obras que se están a desenvolver na fábrica de papel da Lavandeira destinando ás mesmas unha partida de 145.000 euros. Segundo se sinalou dende a institución municipal, o novo edificio que albergará a recepción, administración e servizos públicos do museo, e que constrúe o obradoiro de emprego, está actualmente moi avanzado, e calcúlase que para o mes de agosto poida estar prácticamente rematado nas súas partes esenciais. A edificación, que se está a executar seguindo o proxecto orixinal do arquitecto Manuel Gallego Jorreto, terá continuidade coa rehabilitación do antigo proceso exterior de fabricación da pasta de papel, que é cecais un dos elementos máis chamativos do museo, e para o cal o concello destinará este mesmo ano un orzamento de 145.000 euros. O alumnado do obradoiro de canteiría e albanelería traballa na actualidade na cuberta do novo edificio, que terá un tellado do mesmo material que o edificio do secadeiro e un peche exterior acristalado, de modo que se integre no conxunto e no entorno natural. Segundo se adianto dende o Concello do Carballiño, o novo invetimento «destinarase a completar este edificio e reconstruir o proceso industrial de mazas, norias e prensa da fabricación do papel, que será encargado a unha empresa especializada neste tipo de traballos, según o deseño orixinal desta fábrica do século XIX». Algunha das pezas orixinais apareceron durante os traballos ao estar cubertas pola terra da finca. 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

O Carballiño destinará 145.000 euros a rematar a rehabilitación da fábrica de papel