Castelao en O Carballiño

La Voz OURENSE

O CARBALLIÑO

cedida

Alumnos do Chamoso Lamas leron na Casa da Cultura fragmentos de «Os vellos non deben namorarse»

16 may 2019 . Actualizado a las 18:44 h.

Baixo a dirección de Clara Vázquez, vintecinco alumnos da aula de teatro do instituto Chamoso Lamas, leron este xoves no salón da Casa da Cultura de O Carballiño diversos fragmentos da obra de Castelao «Os vellos non deben namorarse», unha actividade organizada pola biblioteca municipal dentro do programa da Semana das Letras Galegas.

A este acto asistiu unha ampla representación de mozos de Aspadisi, así como da dirección do centro social da terceira idade.