O PP de O Carballiño insiste na cesión de terreos a Aspadisi

La Voz OURENSE

O CARBALLIÑO

CEDIDA

A asociación quere desenvolver un proxecto dunha residencia para persoas con discapacidade psíquica

26 abr 2019 . Actualizado a las 08:18 h.

O grupo popular do Concello do Carballiño solicita que se cambie o réxime xurídico actual da cesión de terreos á asociación sen ánimo de lucro Aspadisi, co fin de que poidan iniciar os trámites da construción dunha residencia para persoas con discapacidade psíquica na comarca. Os populares denuncian a desidia na xestión deste asunto por parte do goberno socialista, que xa foi posto de manifesto en xullo do 2015. Reclaman que se fagan os trámites oportunos para que se resolva a cesión administrativa e se lle conceda a Aspadisi un novo réxime xurídico para a utilización do terreo como cesión gratuíta. Dita asociación leva anos reclamando que se poida modificar o seu título da parcela para así poder desenvolver o proxecto desta residencia.