Solicitan un pleno extraordinario do Carballiño polo conflicto de Gri Towers

La Voz

O CARBALLIÑO

Santi M. Amil

Alternativa Veciñal demanda un apoio expreso da corporación aos traballadores

18 abr 2019 . Actualizado a las 21:29 h.

Os traballadores da empresa Gri Towers, firma adicada á fabricación de torres eólicas que está instalada no polígono industrial de A Uceira, están protagonizando nestes días concentracións e movilizacións polas rúas da vila para reivindicar un acordo coa empresa e facer públicas as súas diferenzas coa mesma. Dende a oposición municipal o portavoz de Alternativa Veciñal do Carballiño, Bernardo García Nóvoa, vén de solicitar a convocatoria dun pleno para que a corporación municipal adopte un acordo de apoio aos traballadores. Dende a Marea lémbrase que a firma dá traballo a 500 personas e «a corporación municipal do Carballiño ten que estar ao lado do personal de Gri Towers e sacar publicamente unha resolución chamando a unha concentración de toda a cidadanía do Concello e da comarca apoiando que non se perda nin un só posto de traballo nesa empresa e que se negocien unhas condicións dignas do mesmo», sinalou García Nóvoa. Tamén se propón dende Alternativa adquirir o compromiso de facer todas as xestións posibles ante outras adminsistraccións para que fagan cumplir os acordos dos convenios laborais.