O Carballiño promove as rutas cardiosaudables

La Voz OURENSE

O CARBALLIÑO

cedida

Comezaron a instalarse os paneis informativos e o luns realizarase unha das mesmas

17 abr 2019 . Actualizado a las 19:40 h.

O Concello do Carballiño anunciaba o pasado ano a intención de promover a creación de rutas cardiosaudables. Unha iniciativa na que se implicou a administración local e que foi deseñada e promovida pola enfermeira Verónica Civeira e polo técnico do 061 Manuel López. O obxectivo é sinalizar sete rutas, que comenzan na Praza Maior ou no Concello, e que transcorren por itinerarios urbanos e dos arredores da vila. Na actualidade estase a proceder a instalar os paneis correspondentes á Ruta Saudable 3, trazado que sae da Praza Maior e que pasa pola Principal, Margarita Taboada, Balneario, Paseo do Arenteiro e volta ao centro da vila. A segunda edición das Xornadas Cardiosaudables terá lugar o luns e na mesma compaxinaranse mesas redondas e ponencias co percorrido da Ruta 3. A primeira mesa redonda comezará ás 11.00 horas e ás 11.30 horas comezará o percorrido. Segundo se lembra dende o Concello do Carballiño , as enfermedades cardiovasculares son a principal causa de morte no Estado e «moitas destas mortes evitaríanse tendo ben controlados os factores de risco como son sobrepeso, hipertensión, sedentarismo, diabetes, tabaquismo, colesterol e outros. O obxectivo do programa e dos paneis é a prevención de enfermedades cardiovasculares, para o cal se propoñen unha serie de acción encamiñadas a reducir os riscos na poboación e conseguir este fin».