O Concello do Carballiño reforza as brigadas de medio ambiente e obras

La Voz

O CARBALLIÑO

cedida

Unha das primeiras iniciativas é a limpeza do río Arenteiro

17 abr 2019 . Actualizado a las 08:27 h.

O Concello do Carballiño vén de incorporar dazaséis novos traballadores ás brigadas de medio ambiente e de obras, en base a un convenio de colaboración co Inem. Os principais cometidos destas brigadas de traballo será a limpeza e acondicionamento dos camiños e espazos naturais do termo municipal do Carballliño, «así como a mellora da mobilidade peonil urbana, eliminando calquera tipo de barreiras arquitectónicas nas beirarrúas que dificulten o paso das persoas, sobre todo os coches de bebés, persoas maiores e aquelas que anden en sillas de rodas». O convenio Concello-Inem forma parte dun programa de colaboración para a reinserción de persoas desempregadas.A duración dos contratos é de seis meses, o que permitirá contar coa maiorìa dos traballadores durante o verán. Como primeiro cometido, unha parte desta brigada de limpeza forestal, en colaboración con persoal de Protección Civil, estase a retirar a ramaxe do río Arenteiro, sobre todo no tramo entre o parque municipal e o balneario.