A Praza de Abastos do Carballiño celebra os seus 90 anos con premios

La Voz

O CARBALLIÑO

CEDIDA

A campaña «Todas as nais á praza» vencella a celebración da data co mercado da vila

15 abr 2019 . Actualizado a las 20:46 h.

Este é un ano especial para a Praza de Abastos do Carballiño. O mercado da vila cumpre os seus 90 anos de historia e os praceiros, xunto co Concello, encetan una nova campaña de promoción das compras no recinto. Unha iniciativa que, desta volta, está ligada á celebración do Día da Nai. «Todas as nais á Praza» desenvolverase ata o vindeiro día 3 de maio e durante estes días todas as persoas que fagan as súas compras no mercado carballiñés poden depositar nunhas urnas os boletos que se lle entregarán en cada posto polas súas compras, para acceder a algún dos dez premios establecidos. A campaña «Todas as nais á Praza» foi presentada polo alcalde e o tenente de alcalde, Francisco Fumega e Manuel Dacal respectivamente, o presidente dos praceiros, Eligio González, e a representante da adega Pazo Tizón, Raquel Mouriño. O alcalde agradeceu o esforzo que realizan os profesionais da Praza de Abastos para dinamizar o recinto e o presidente do colectivo de praceiros agradeceu o apoio do Concello e a confianza que durante todo o ano depositan os consumidores nos postos do mercado.