O BNG do Carballiño terá una lista de persoas «preparadas e diversas»

O partido nacionalista presentou a candidatura na vila do Arenteiro


Ourense

O Bloque Nacionalista Galego presentou no Hotel Arenteiro a súa candidatura para as municipais no concello de O Carballiño encabezada por Chema Ferreiro. Noa Presas, deputada no Parlamento de Galiza pola mesma formación política, arroupou á lista nacionalista e xustificou que «Carballiño mellorará se o BNG sae reforzado dos comicios do 28A e o 26M».

O acto realizado pola formación nacionalista valorou a ausencia da voz dos galegos no Congreso dos Deputados durante as últimas lexislaturas, «que se caracterizaron pola inestabilidade e os casos de corrupción das formacións estatais.Podemos errar pero non enganamos a ninguén. En 30 anos de historia, temos cero casos de corrupción nas nosas filas» sinala a deputada galega. Aos que fan turismo electoral en Galiza agora e non se preocuparon polos problemas dos e das galegas dicímoslle que Iago Tabarés non estará de turismo no Congresos dos Deputados senón para defender a Galiza, a Ourense e ás problemáticas que teña Caballiño» afirma Presas.

Durante o acto, tamén houbo a intervención de Chema Ferreiro, candidato á alcaldía polo BNG no Carballiño. O cabeza de lista amosou a súa ilusión ante os comicios de maio ante a lista de persoas «preparadas e diversas» que conforman a candidatura nacionalista. Asemade, Ferreiro aseguraba estar preparado para uns bos resultados electorais tanto nas eleccións de maio como de abril debido ao «achegamento da xente cara o BNG neste tempo. De nada serve defender o tren se es alcalde ou concelleiro e que os teus compañeiros de partido que están en Santiago ou en Madrid fagan o contrario como padecedes vós no Carballiño” apuntou Noa Presas ante os asistentes na presentación de candidatura. Continuou preguntando: “cantas veces vos viñeron contar en campaña que ía haber máis tren? E que fixeron despois? Na-da.»

POla súa banda, Iago Tabarés, candidato do BNG ao Congreso dos Deputados pola provincia de Ourense, estivo nun coloquio realizado no concello de Barbadás. A este acto tamén acudiu o candidato do BNG á alcaldía do propio concello, e Noa Presas, deputada no Parlamento de Galiza. Durante a xuntanza, destacouse o aumento de apoios e simpatías ao BNG en todo o país e en especial na provincia de Ourense.

A xuntanza tivo lugar na cafetería Solaina, na localidade de A Valenzá. Un encontro onde as e os asistentes puideron intercambiar ideas e propostas cos candidatos aos respectivos comicios. Asemade, a deputada do BNG por Ourense no Parlamento estivo no encontro para aportar a visión da «necesidade que ten a nosa provincia de teren representación nas institucións públicas coma o Parlamento de Galiza ou o Congreso dos Deputados».

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
15 votos
Comentarios

O BNG do Carballiño terá una lista de persoas «preparadas e diversas»