«Os Idus de marzo» do Carballiño

La Voz OURENSE

O CARBALLIÑO

cedida

Alumnos do IES Nº 1 representaron o asasinato de Xulio César para conmemorar a data

21 mar 2019 . Actualizado a las 20:29 h.

Co gallo da conmemoración do asesinato de Xulio César (o 15 de marzo do ano 44 antes de Cristo) data coñecida como «Os Idus de Marzo», o alumnado de terceiro e cuarto da ESO de Cultura Clásica e de segundo de Bacharelato de Latín e Grego do IES Nº 1 do Carballiño realizaron unha representación do suceso que cambiou a historia.

O obxectivo foi achegar ao público un feito tan relevante para Roma e o mundo, pois supuxo a fin do período republicano e o comezo do Imperio. Para iso, representaron os papeis de Bruto, Xulio César, Porcia, Calpurnia, Escribonio e os outros senadores que levaron a cabo o magnicidio.