Pachi Vázquez presenta Espazo Común e recoñece contactos en toda Galicia 

O exalcalde do Carballiño sinala que mantén contactos con proxectos de toda a comunidade

Pachi Vázquez presenta su nuevo proyecto político para moverse en la «centralidade» El que fuera secretario xeral del PSdeG ha dado a conocer en Ourense su nuevo proyecto político de cara a las elecciones municipales

O exalcalde do Carballiño concurrirá ás eleccións municipais do 26 de maio coa plataforma Espazo Común, unha nova formación que xa ten ultimadas vinte candidaturas na provincia de Ourense. Pachi Vázquez definiu a nova marca política como «un movemento cidadá de acción política» e fixo un chamamento a todos aqueles cidadáns que non se senten representados polos partidos actuais ou que teñen inquedanzas políticas e nunca se decidiron a participar na vida pública a que se impliquen nesta nova formación.

O exconselleiro de Medio Ambiente compareceu en rolda de prensa na compaña da exconcelleira de Ourense e deputada autonómica María Quintas, o exportavoz do PSOE na Deputación de Ourense, Francisco Fraga, e a ata hai pouco portavoz dos socialistas en Maceda, Ana Rodríguez. Na sala tamén se atopaban os concelleiros que abandonaron o PSOE do Carballiño para pasarse ao grupo de Non Adscritos. Sinalou Vázquez que contan cunhas 400 persoas traballando na provincia de Ourense (o 60 ou 70 % antigos militantes do PSOE segundo sinalou), que están recibindo chamadas de toda Galicia para promover iniciativas semellantes ou chegar a acordos para presentar candidaturas (citou a Manuel Martínez, de Lugo, ao ser emprazado a concretar) e que a candidatura na cidade de Ourense estará encabezada por unha muller («está por concretar», sinalou ao ser preguntado por se a cabeza de lista sería María Quintas).

Vázquez rexeitou concretar se ía presentarse polo Carballiño ou por outro concello, aínda que recoñeceu que vai estar «onde faga falta, non me boto da parte de fóra, e presentareime onde sexa preciso facelo. Non vou convidar á xente a que participe e logo quedarme eu na zona de confort». Se Espazo Común chega a ser chave para gobernar na cidade a prioridade será sacar adiante o PXOM e garantir a gobernabilidade. 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
11 votos
Comentarios

Pachi Vázquez presenta Espazo Común e recoñece contactos en toda Galicia