O Carballiño adica a ruta das tapas á «gastronomía de culler»

La Voz OURENSE

O CARBALLIÑO

Santi M. Amil

A convocatoria deste venres, día 1, foi presentada en Don Paco

30 ene 2019 . Actualizado a las 20:30 h.

Logo dun par de entregas, as que abriron o ano, adicadas ás tostas, O Carballiño celebrará este venres unha nova edición da «Ruta das tapas». A cita do día 1 de febreiro estará centrada na gastronomía con culler e entre as propostas que se poderán degustar están tapas como «os callos ao xeito tradicional, fidegua de gambas, crema de mariscos, fabada asturiana, fabes de Lourenzá, garbanzos con costela de porco ou frixoles, entre outras especialidades culinarias». Os concelleiros de Turismo e Cultura, Manuel Dacal e Diego Fernández respectivamente, e a xerenta do Centro Comercial Aberto, Noelia Mares, presentaron a convocatoria xunto aos representantes dos establecementos hostaleiros que participarán na convocatoria. Dacal agradeceu a implicación do CCA O Carballiño, os hostaleiros e a adega Pazo Tizón, ademais do resto das entidades e marcas comerciais que fan posible a convocatoria. A ruta presentouse en Don Paco e son catorce os locais que participan na convocatoria.