Francisco Fumega, alcalde de O Carballiño: «Había edificios dos 70 que non aparecían»


Ourense

O municipio do Carballiño foi o que rexistrou máis regularizacións, logo da cidade. A actualización pechouse con 3.641 propiedades máis dadas de alta. Aínda que, como aconteceu noutros lugares, se regularizaron dende piscinas a cabaceiros, a realidade é que se incluíron a maiores do que había 3.360 inmobles urbanos. O padrón de regularización data do ano 2017 e a mesma foi por valor de 1.556.739 euros. Desa cantidade cobráronse un total de 383.048 euros na referida anualidade. Dende o Concello do Carballiño, o alcalde, Francisco Fumega, incidía no feito de que a regularización amosou unha realidade totalmente descoñecida: «Había edificios enteiros dos anos 70, algúns de oito plantas ou máis, que estaban sen dar de alta. Non aparecían no Catastro. Como tamén outros que en tempos figuraban e logo desapareceran, e agora volven estar de novo». A revisión traduciuse nun importante volume de consultas por parte dos veciños.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Francisco Fumega, alcalde de O Carballiño: «Había edificios dos 70 que non aparecían»