Cinco títulos para celebrar os 50 anos do Cineclub Carballiño

La Voz OURENSE / LA VOZ

O CARBALLIÑO

PILI PROL

A entidade comeza o domingo os actos do medio século de actividade co pase de «Farenheit 451»

16 ene 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Día 20 (sesión inaugural) • 19.00 horas • Auditorio Manuel María • O 2019 será ano de celebración no Cineclub Carballiño. A entidade cumpre os seus 50 anos nunhas semanas e os responsables da mesma traballan nos actos que se desenvolverán ao longo dos próximos meses para conmemorar a data. Como primeira iniciativa xa se ten organizado un ciclo especial que incluirá cinco películas, unha por cada década de actividade do Cineclub Carballiño, e o primeiro pase estará protagonizado pola cinta que escolleu a directiva de 1969 para abrir as proxeccións. «Farenheit 451», a obra dirixida por François Truffaut e estreada en 1966, poderase ver o domingo no Auditorio Manuel (19.00 horas).

O ciclo «1969-2019. 50 anos do Cineclube Carballiño» ofrecerá o 17 de febreiro a película «Dersu Uzala», un dos títulos de referencia de Akira Kurosawa. Para marzo, tamén será a proxección o día 17, o título escollido é «Cinema Paradiso», de Giuseppe Tornatore, e no mes de abril pasarase «Secretos y mentiras», de Mike Leigh. Será o día 28. «21 gramos», película dirixida por Alejandro González Iñárritu, pechará o ciclo conmemorativo o 19 de maio. Todas as proxeccións serán no Auditorio Manuel María do Carballiño e nun pase único, ás 19.00 horas.

«The Guilty», o venres

O Cineclub Carballiño comezará a programación semanal deste ano coa sesión protagonizada pola cinta «The Guilty», de Gustav Möller, premio do público en Sundance. As proxeccións serán o venres, día 18, ás 20.00 e 22.30 horas no Auditorio.