Cando o mellor do Nadal é coñecer a novos amigos

Fabiola García visitou no Carballiño aos participantes no programa para maiores da Xunta


ourense / la voz

A Xunta apostou hai anos por unha iniciativa solidaria dirixida ás persoas que viven soas en Galicia. Nacía daquela Xuntos polo Nadal, un programa que reúne cada ano a galegos maiores de 60 anos que viven sós para que pasen as festas do Nadal e Aninovo na compaña doutras persoas que están na súa mesma situación.

Na convocatoria do 2018 participan 260 persoas, repartidas a partes iguais entre as residencias de tempo libre que a Xunta ten no Carballiño e Panxón (Nigrán). As estadías son do 23 de decembro ao 7 de xaneiro e daquela os participantes celebran xuntos as festas de Nadal, Aninovo e Reis.

A conselleira de Política Social da Xunta, Fabiola García, visitou onte a Residencia de Tempo Libre do Carballiño para coñecer aos participantes do programa. García destacou que a iniciativa garante «que os as galegas e galegos de máis idade celebren esta época do ano en compañía» e que Xuntos polo Nadal é sinónimo de «convivencia, envellecemento activo e familia e supón para os maiores unha experiencia que lles axuda a tecer amizades e ocupar o tempo de ocio con distintas actividades de animación sociocultural».

Na súa visita á Residencia de Tempo Libre do Carballiño a conselleira Fabiola García estivo acompañada polo alcalde, Francisco Fumega, e o portavoz do PP, Argimiro Marnotes.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Cando o mellor do Nadal é coñecer a novos amigos