Publicadas as bases do premios Antón Losada Diéguez 2019

La Voz OURENSE / LA VOZ

O CARBALLIÑO

Diz

A organización desta edición corresponde ao Concello do Carballiño

08 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello do Carballiño ten en exposición ao público, logo de publicar o anuncio no Boletín Oficial da Provincia, as bases da convocatoria dos premios Losada Diéguez do 2019. A publicación faise para cumprir coa convocatoria xeral de subvencións. Os premios manterán a súa dotación (12.000 euros a repartir entre os apartados de Creación Literaria e Investigación) e as obras que se poderán presentar a concurso deberán estar editadas entre o 1 e o 31 de decembro do 2018. Entregarase o 15 de xuño do 2019.