O galardón a título póstumo será para o actor Ernesto Chao
20 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.O vindeiro día 30 de novembro o Aparthotel Arenteiro do Carballiño acollerá unha nova edición dos premios Arenteira. Una convocatoria, a do 2018, que xa ten gañadores segundo se anunciou onte dende a organización dos galardóns.
Nesta séptima edición dos Arenteira o xurado acordou conceder o de Deportes a José Manuel Soto Dapena e o de Cultura e Ciencia a Luís González Tosar. Dende hai uns anos os galardóns que concede o Aparthotel Arenteiro teñen un recoñecemento a título póstumo, e neste 2018 a persoa homenaxeada será o actor ribadaviense Ernesto Chao.
No caso de José Manuel Soto Dapena o xurado salientou, á hora de dar a coñecer a súa decisión, o feito de que o taekwondista conta cunha traxectoria de máis de trinta anos adicado a este deporte e a formar ás novas xeracións de carballiñeses que se teñen interesado polo mesmo. O xurado dos Arenteira destaca tamén a súa faceta como emprendedor e creador de iniciativas de carácter empresarial vencelladas ao mundo do deporte, coa fundación da Escola e Ximnasio Olimpia do Carballiño «auténtico exemplo de actividade e difusión deportiva».
No caso do poeta Luís González Tosar, o Premio Arenteira salienta «a súa recoñecida traxectoria no mundo da literatura nas facetas de poeta, produtor, ensinante, editor e narrador. A súa longa produción creativa é hoxe un referente no mundo literario galego», o que se ten servido para acadar recoñecementos como os premios Esquío ou Antón Losada Diéguez. Ademais, o xurado lembra o vencello do escritor «con estas terras, que se veu agrandado coa creación en Madarnás da Insua dos Poetas, proxecto que trata de aglutinar nun espazo paisaxístico bucólico o mundo literario, artístico e natural e convertelo nun legado para a posteridade baseado nas fondas raiceiras da cultura identitaria galega».
Un histórico do teatro galego
Para concederse o Arenteira a Título Póstumo valorouse dilatada carreira profesional de Ernesto Chao, finado o pasado mes de agosto, e o feito de adicar toda a sua vida á interpretación. Foi tamén, entre outras cousas, director do Centro Dramático Galego e de Academia Galega do Audiovisual.