Arde un palleiro sen uso nunha aldea do Carballiño

La Voz OURENSE / LA VOZ

O CARBALLIÑO

PILI PROL

O incendio afectou á palla que se gardaba no alpendre, ao que lle caeu o teito por mor do lume

17 nov 2018 . Actualizado a las 16:30 h.

Un palleiro ardeu onte ao mediodía na localidade carballiñesa de Cabanelas. Segundo o 112, queimouse a herba que se gardaba no palleiro e tamén caeu o teito a consecuencia do lume. Descoñécense polo de agora as causas do incendio, xa que o alpendre carecía de instalación eléctrica, estaba illado e sen uso. Foi o Grumir do Carballiño quen informou ao 112 e desde a central pasaron o aviso á Policía Local e aos bombeiros comarcais.