O Carballiño aposta por un ciclo fotográfico na «paréntese do OF»

La Voz

O CARBALLIÑO

CEDIDA

Haberá dez espacios expositivos, nos que se poderán visitar 20 mostras diferentes

17 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Durante os meses de novembro e decembro • Varios espazos de O Carballiño • Hai un par de meses os organizadores do Outono Fotográfico anunciaron a súa fin. A falta de axudas institucionais poñía fin a un ciclo de exposicións con 35 anos de vida do que aseguraban que morría nesas. Desde a asociación O’Potiños non queren ver unha fin, senón unha paréntese no festival, polo que este ano lanzan a súa propia proposta. Durante os meses de novembro e decembro O Carballiño buscará encher o oco deixado polo OF cunha vintena de exposicións en dez espazos diferentes (o auditorio Manuel María, o consistorio, o hotel Arenteiro, o Casino, a rúa do Paseo, o café Peñasco, o pazo Almuzara, o asador Veracruz e o café Plaza).

O Arenteiro Fotográfico permitirá gozar do traballo de Tere Fernández, a asociación Os Negativos, Fuco Reyes, Beatriz Cabanelas, O’Potiños, Iván Barreiro, Eutropio Rodríguez, Teté D. Estate, Ana Pumar, Jesús Gil e Clara Lelarge, a asociación Fotosíntese, Roberto García, Alberte PEreira, Roberto de la Torre, Iván Ferreiro e os premios Viña do Campo.

A iniciativa nace en parte para curar o despropósito co Outono Fotográfico, segundo dixo o presidente de O’Potiños, Manuel Blanco, na presentación do programa. Foi por iso que ao acto estivo invitado un dos organizadores do OF, Xosé Lois Vázquez, quen considerou o Arenteiro Fotográfico como «un luxo neste país». Blanco tamén quixo destacar o gran interese que a convocatoria espertou entre os fotógrafos galegos, o que obrigou á organización a deixar fóra algunhas propostas de exposición por falta de tempo e espazo.

Na presentación estiveron tamén a secretaria de O’Potiños, Esther Mosquera; o membro da xunta directiva Álex Carral; e o concelleiro de Cultura, Diego Fernández, quen quixo destacar a transcendencia dun festival que «situará ao Carballiño como referente fotográfico en Galicia