O Carballiño lembra a presenza de Pepa Loba

A baixada da bandoleira ao barrio de Flores será escenificada polo grupo Dar Trela


Hoxe • 19.00 horas (baixada da Pepa Loba) • Barrio de Flores (O Carballiño) A vila iniciou onte a feira-festa de artesanía da Pepa Loba. Unha xornada inaugural que serviu para homenaxear a un oficio artesán, o das rosquilleiras, personificado no recoñecemento que se lle fixo a Teresita Alén, María José Cerviño e Arturo Vázquez. A festa e os postos de artesanía seguen hoxe e mañá no barrio carballiñés e esta tarde desenvolverase o acto central desta convocatoria anual: a baixada da Pepa Loba a Flores. Este ano a recreación correrá a cargo do novo grupo de teatro Dar Trela e dende o mesmo anunciouse esta semana que a representación teatral deste ano chegará con moitas novidades con respecto a edicións anteriores. A feira abrirá ás 12.00 horas e haberá demostración dos vellos oficios. Á noite actuarán Las Antonias.

 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

O Carballiño lembra a presenza de Pepa Loba