Remata o Fetega coa obra teatral «Chola, a It girl»

La Voz OURENSE / LA VOZ

O CARBALLIÑO

A representación será ás 22.30 horas no auditorio municipal do Carballiño

24 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe é o último día para gozar con Festival de Teatro en Galego. A actuación estrela do día será «Chola, a It girl», ás dez e media no auditorio municipal do Carballiño. Durante o día haberá animación de rúa diante da casa da cultura, ás 12.00 horas, e no anfiteatro, ás 19.30 horas, cun espectáculo acrobático.