«O grilo»: unha curta prometedora con tintes ourensáns

ana cuíñas / E. F. OURENSE / LA VOZ

O CARBALLIÑO

Cedida

Gon Caride filma na provincia o seu último traballo

24 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

«O grilo», así se denomina a nova curta do novo e experimentado director Gon Caride. Despois de dedicarse durante dez anos a elaboración de pezas breves de cine decidiu deixalo a un lado durante 36 longos meses. Agora volve a retomalo e escolle a aldea onde se criou e veraneou toda a súa vida para ambientar esta nova idea: O Rosal.

Entre o elenco que participa nesta curtametraxe pódense atopar figuras tan destacadas como a actriz galega Pilar Pereira ou Xosé Prado, o coordinador e integrante do grupo de teatro Tiruleque de O Carballiño. Esta vez, Pardo da vida o avó dun dos meniños protagonistas: «O equipo foi espectacular e fíxome sentir moi cómodo en todo momento, sen dúbida foi unha experiencia enriquecedora», explica o actor.

Uns piropos devoltos polo propio director, quen asegurou que traballar con un intérprete da calidade de Xosé era unha tarefa moi sinxela e compracente.

O corpo da narración xira en torno a vida de dous meniños, Xurxo e Hada, que se coñecen no ano 1920 nunha aldea. Xuntos comezan a vivir centos de aventuras e constrúen un gran vínculo. «No desenlace sucede un xiro inesperado que sorprenderá o público», conta Caride.

Unha peza dedicada primeiramente os seus avós, familiares, e a todos aqueles que participasen na creación da mesma.

Aínda faltan uns meses para ver o resultado final posto que aínda se están a realizar as tarefas de postprodución e montaxe. Pero Xosé Prado xa se encargou de adiantar que é imposible que despois dun traballo tan profesional que se levou a cabo o longo de toda a gravación esta peza non fose un éxito.