«O Festival de Teatro en Galego é un ben de todos e para todos»

e. filgueira OURENSE / LA VOZ

O CARBALLIÑO

Santi M. Amil

Josi Lage é a directora do Fetega, certame que viu reducida a súa programación tras quedar sen axudas daAxencia Galega de Industrias Culturais

24 nov 2018 . Actualizado a las 13:04 h.

Josi Lage confesa que organizar o festival supón un esforzo agotador e que pensa que sería bo que alguén lle tomase o relevo trala edición do ano que ben. Sen embargo, afirma que síntese satisfeita co logrado ata agora.

-Este ano a Agadic negoulle ao festival a subvención, ¿en que afectou iso ao certame?

-En lugar de ter cinco días de teatro tivemos que reducilo a tres, pero mentres eu sexa a directora do Fetega non vai a desaparecer. Ninguén entende como poden deixar fora das axudas ao único festival de teatro que se fai completamente en galego e que ademais este ano aposta polas mulleres e a súa importancia na escena galega. O Fetega é un ben de todos e para todos e nesta ocasión temos que agradecer tanto ao concello do Carballiño como á Deputación que nos axudasen.

-O 90 % dos espectáculos están compostos e dirixidos por mulleres.

-Tentamos reunir a parte do presente, pasado e futuro das mulleres do teatro galego. Obviamente non están todas as que son, pero é unha boa representación. O fundamental é lembrar que levamos sufrido moitas calamidades, que hai moitos máis papeis masculinos que femininos e que aínda agora comezan a xurdir as dramaturgas que escriben enriquecendo co seu punto de vista. E a maioría dos compañeiros de profesión entenden isto como algo necesario tamén.

-¿A maioría o comparten?

-Si. Entenden que isto non é unha guerra, e que temos que ir da man. As artes, ademais, sempre foron pioneiras en amosar, criticar e cambiar o que é inxusto na sociedade.