O Frank Soutelo de Miguel Anxo Fernández, en castelán e inglés

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

O CARBALLIÑO

Santi M. Amil

O escritor manterá un encontro cos lectores na Feira do Libro da Coruña 

09 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Frank Soutelo, o detective creado por Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955), ten xa seis novelas publicadas en galego. Agora, o personaxe amplía o seu radio de acción coa tradución de dúas obras ao castelán e ao galego. Dunha banda, o arranque da saga, Un nicho para Marilyn, conta cunha nova edición en castelán, publicada por Rosetta. Doutra, Lume de cobiza ten xa versión en inglés, titulada Greedy Flames, na tradución de Kathleen March e publicada por Small Stations Press, que tamén ten en catálogo A niche for Marilyn. Miguel Anxo Fernández manterá un encontro cos lectores mañá ás 19.45 na Feira do Libro da Coruña.