O Festival de Habaneras do Carballiño cumpre 25 anos

La Voz

O CARBALLIÑO

cedida

Grupos de Ferrol, Cenlle e Pastrana participarán no encontro musical 

27 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Día 4 de agosto • 20.30 horas • Auditorio Manuel María (O Carballiño) • O Orfeón do Carballiño puxo en marcha no seu día un certame musical que naceu co obxectivo de servir de homenaxe aos emigrantes da vila e da comarca. Nacía daquela o Festival de Habaneras do Carballiño, que celebra nesta edición os seus 25 anos de historia. Unha cita especial, a do 2018, que se conmemorará coa participación de catro formacións: dúas corais e dúas rondallas. No Auditorio Manuel María actuarán, na cita do primeiro sábado de agosto, as rondallas Sonidos del Alba (Ferrol) e Alfaia (Cenlle), a Coral La Paz de Pastrana (Guadalaxara) e o Orfeón do Carballiño. Na presentación do festival participaron o concelleiro Diego Fernández, o director do Orfeón, Cristian Casas e o presidente, Emilio Rodríguez.