A Desfeita contará con bandas de rock, punk e ska

La Voz

O CARBALLIÑO

O festival celebrarase este sábado no parque do Carballiño

26 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Día 30 • A partir das 21.00 horas • Parque Municipal do Carballiño • De balde • A terceira edición de A Desfeita chegará este ano cunha oferta composta por seis potentes bandas de rock, punk e ska. As actuacións, de balde, desenvolveranse na zona próxima ao río Arenteiro -en As Barcias-. A organización corre a cargo de Galiza Enxebre e colabora o Concello do Carballiño. 80 Voltios, Raiba, Manifa, Liska!, Innoppiah e The Jazz Trío son os grupos que participarán en A Desfeita 2018.

Jazz Session Feira

Ao coincidir co día de feira no Carballiño, a organización incorpora esta ano como novidade unha sesión de jazz á hora do vermú. Comezará ás 12.30 horas na Praza da Constitución e correrá a cargo de The Jazz Trío.