Homenaxe escolar á mestra Pura Vázquez na Insua dos Poetas

La Voz

O CARBALLIÑO

A celebración é o luns no espazo de natureza e cultura do Carballiño

20 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Uns trescentos escolares, pertencentes a sete centros de ensino da provincia, participarán mañá nunha homenaxe á escritora Pura Vázquez que se celebrará na Insua dos Poetas, de O Carballiño. A actividade «Centenario de Pura Vázquez: pioneira da literatura infantil, mestra exemplar» comezará ás 11.30 horas e contará coa presenza do presidente da Deputación e o secretario de Política Lingüística da Xunta.