Unha cativa de mes e medio estrea o programa Apego no Carballiño

La Voz OURENSE / LA VOZ

O CARBALLIÑO

CEDIDA

Poden unirse todas as familias con fillos de ata seis anos

06 mar 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello do Carballiño vén de poñer en marcha o programa Apego, de fomento do uso do galego no ámbito familiar desde a infancia. É unha rede que funciona xa en 30 concellos galegos (na provincia, só estaba ata agora a capital). O único requisito para participar é ter un fillo de menos de seis anos e estar empadroado no concello. Os interesados poden recibir máis información no Servizo de Normalización Lingüística.

Coa inscrición, cada familia recibe material didáctico en galego para usar cos cativos na casa, entre eles un disco con cancións infantís. Ademais, na web apego.gal poden descargar máis materiais.

Á presentación asistiu o concelleiro de Educación, Diego Fernández; o edil de AV-SON, Bernardo García, que presentou a moción para a adhesión ao programa Apego, e a primeira familia que solicita o acollemento ao programa, integrada por Melanie Rodríguez, Manoel Pérez, e a súa filla Xiana, de mes e medio.