Ibuprofeno Teatro representa a súa obra «Raclette» en O Carballiño

La Voz

O CARBALLIÑO

Jose Manuel Casal

O texto e a dirección da montaxe son responsabilidade de Santiago Cortegoso

09 dic 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 21.00 horas • Auditorio Manuel María • 5 euros • O Concello do Carballiño programou para esta noite a representación de «Raclette», de Ibuprofeno Teatro. A obra de Santiago Cortegoso, autor do texto e director da montaxe, está protagonizada por

 

Toni Salgado, Deborah Vukusic, Marián Bañobre, Iria Sobrado e Salvador del Río. A montaxe toma o nome dun xeito de comer en comunidade creado polos pastores suízos, que se xuntaban arredor dunha pedra quente para cociñar e compartir a conversa mentras escorrentaban o frío.

En «Raclette» os cinco personaxes conforman un «complexo mosaico humano: son liñas de fuxida cara a unha identidade que os axude a sobrevivir a través do traballo, a arte, a descendencia... A súa posta en común nun contexto aparentemente inocente, que agocha un suceso terrible que só se destapará ao final, xera un choque entre visións do mundo que se volven incompatibles».