A Xunta salienta a importancia das mulleres no desenvolvemento rural

La Voz

O CARBALLIÑO

cedida

O Carballiño acolleu a máis de trescentas persoas no encontro da Asociación Carballiñesas Progresistas

22 oct 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O Carballiño converteuse en punto de encontro para varios centos de mulleres que se achegaron ata a vila para participar nos actos do «Día da Muller Rural» que foron organizados pola Asociación Carballiñesas Progresistas. Na convocatoria participaron o alcalde, Francisco Fumega, e a secretaria xeral de Igualdade do Goberno galego. Susana López Abella lembrou  que as mulleres xogan un papel fundamental no medio rural, sendo un dos alicerces esenciais no seu desenvolvemento sustentable e na contribución á súa valorización. Incidiu no compromiso da Xunta de Galicia por «fomentar a súa visibilidade e impulsar unha igualdade real de oportunidades en materia de acceso e condicións de emprego, impulsando a súa capacidade para emprender e promover condicións que faciliten a conciliación da vida persoal, familiar e laboral nun escenario de corresponsabilidade entre mulleres e homes». Nesa liña aposta o Goberno galego por traballar en propostas como son a visibilidade da muller rural a promoción de emprendemento, a conciliación da vida familiar e laboral, ademais do fomento do uso das TIC.