Os premios do Fetega do Carballiño pasan a chamarse Dorotea Bárcena

O festival escénico celebrarase entre os días 5 e 9 de setembro


ourense / la voz

O Carballiño acollerá entre os días 5 e 9 de setembro unha nova edición do Fetega (Festival de Teatro Galego). Rosendo Fernández (Deputación), Jacobo Sutil (Agadic) e Josi Lage, directora do certame, presentaron a edición deste ano no organismo provincial. Sutil salientou o feito de que dos dez festivais escénicos existentes en Galicia catro son ourensáns e Rosendo Fernández que o Fetega é un dos referentes de Galicia.

Este ano pasarán polo Auditorio do Carballiño Eroski Paraíso (Chévere), A canción do elefante (Redrum Teatro), Dramaturxia das mulheres (Inherente Teatro), Inpronews (Triateros) e Afiando con humor (Sergio Pazos). Os galardóns do certame pasarán a chamarse dende este ano Premios Fetega Dorotea Bárcena. No anfiteatro da Veracruz haberá sesións gratuitas polas tardes.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Os premios do Fetega do Carballiño pasan a chamarse Dorotea Bárcena