Cantautores galegos lembran a Manuel María

La Voz

O CARBALLIÑO

MONICA IRAGO

O concerto organizado por Avantar celébrase no Sete Flores do Carballiño

17 dic 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 21.30 horas • Sete Flores (O Carballiño) • Vai camiño de rematar o ano adicado a Manuel María e a Asociación Cultural Avantar de O Carballiño, coa que o poeta mantivo unha estreita relación, non quere deixar pasar a oportunidade de lembrar de novo ao escritor. Avantar porá o ramo esta noite ao seu programa de actividades Orcellón Fala e Canta co festival «Ao poeta Manuel María». Comenzará ás 21.30 horas no pub Sete Flores (na rúa Baixada a Flores) e no concerto actuarán Roberto Sobrado, Xosé Constenla, Anxo Blas, Leo Arremecághona e Andrés Fernández. A convocatoria está promovida por Avantar, Cineclube Carballiño e Andasoa e a cita tamén chega con reivindicación solidaria, a que se expresa no lema «Eu tamén son Emilio Cao».