O Carballiño acollerá unhas xornadas sobre o arquitecto Daniel Vázquez-Gulías

As conferencias e ponencias desenvolveranse na Casa da Cultura os días 14 e 15


ourense / la voz

A Casa da Cultura do Carballiño acollerá esta semana, os días 14 e 15, unhas Xornadas Monográficas de Arquitectos que se centrarán na figura e nos proxectos de Daniel Váquez-Gulías (Beariz, 1869 - A Coruña, 1937). A iniciativa está promovida polo Centro de Estudios Chamoso Lamas da Comarca do Carballiño e polo Centro Cultural Daniel Vázquez Gulías. Durante os dous días haberá ponencias e debates, nos que participarán dende arquitectos a historiadores ou deseñadores gráficos, que xirarán arredor dos proxectos creados por Vázquez-Gulías.

De Gallego Jorreto a De Paula

Entre outros, estarán nas xornadas Alberto de Paula, José Luis Paulos, Manuel Gallego Jorreto, Pedro Seara, Óscar Gónfer, Celso Rodríguez Estévez e José Ángel Sánchez.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Carballiño acollerá unhas xornadas sobre o arquitecto Daniel Vázquez-Gulías