Xamoneiros e polbeiros axudaron a levar suministros á guerrilla

x. m. r. OURENSE / LA VOZ

O CARBALLIÑO

CEDIDA

Afonso Eiré recolleu testemuñas desta realidade en «O Piloto»

28 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

As Xociviga está a dar un especial protagonismo aos documentais nos primeiros días de actividade do festival. Pola vila pasaron o martes Ángel de la Cruz -produtor de Querida Gina- e Jorge Algora -director de Unitarias- e onte estiveron no Carballiño Xosé Reigosa e Afonso Eiré -director e coguionista de O Piloto- e Pepe Coira -director do proxecto A Seara-.

O xornalista e investigador Afonso Eiré publicou no seu día o traballo O Piloto. O último guerrilleiro e o seu libro serviu de base para o documental. Eiré e o propio director, Xosé Reigosa, crearon o guión no que se recupera a figura do último guerrilleiro morto en combate no Estado español: Xosé Castro Veiga (O Corgo, 1915 - Chantada, 1965).

Na rolda de prensa de presentación do traballo, no que ambos participaron xunto ao concelleiro de Cultura Diego Fernández, Eiré desvelou un aspecto descoñecido: «Como estou no Carballiño vou contar algo que non se sabe. Como todos coñecemos un dos aspectos vitais para a guerrilla era o dos suministros, faceta na que tamén incidían os falanxistas para impedirlles o acceso ao alimentos, e neste aspecto O Carballiño foi importante para os guerrilleiros e a guerrilla. Xentes como os xamoneiros e os polbeiros facían ese traballo. Eu coñecín a un xamoneiro de Dacón -Ernesto- e a un polbeiro de Arcos -Martín- que nas súas viaxes lle deixaban xamóns e outras cousas, e polbo cocido, nos lugares xa acordados para que eles os fosen recoller despois».

«A Seara» e «Torre de Breoghán»

Pepe Coira referiuse a

A Seara

como un traballo que incide no abandono rural pero visto dende o punto de vista da arquitectura, a través do proxecto desenvolvido por uns arquitectos nunha aldea de O Courel. Jorge Coira presenta hoxe

Torre de Breoghán

, documental sobre Luar na Lubre. As proxeccións son de balde.