Homenaxe a Pura e Dora Vázquez na Insua dos Poetas

La Voz

O CARBALLIÑO

A Festa da Palabra celébrase esta tarde no espazo cultural e de natureza do Carballiño

16 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 19.00 horas • Insua dos Poetas (O Carballiño) • Acceso libre • Na Insua dos Poetas celebran esta tarde unha nova edición, a octava, da Festa da Palabra. A Fundación Insua dos Poetas acordou este ano adicar a súa homenaxe ás irmáns Pura e Dora Vázquez. A cita no espazo ubicado en A Esgueva (accédese dende o quilómetro 4,5 da Estrada O Carballiño-Lalín, a OU-902) comezará ás sete da tarde e durante a festa está previsto inaugurar unha nova peza escultórica, que se sumará ás que lembran a outros autores neste recinto. Nesta ocasión a obra foi realizada polo escritor e presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luís González Tosar. A fundación tamén entrega hoxe os premios Sete Carballas. Ao rematar a actividade haberá unha degustación de produtos ourensáns.