«Prefiro o directo a gravar, é onde me atopo ben e disfruto»

O CARBALLIÑO

Alfonso Medela clausura el festival de jazz del Latino
Alfonso Medela clausura el festival de jazz del Latino

Alfonso Medela actúa esta noite, ás 23.00 horas, no Café Latino xunto a Wilfred Wild

10 mar 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Ao Café Latino de Ourense volta esta noite o pianista Alfonso Medela (O Carballiño, 1974). Unha cita semanal que se mantén dende hai dous anos -os xoves actúa no Latino e os sábados no Carballiño (Don Paco)- e que complementa con actuacións por toda Galicia. Locais en Pontevedra, Compostela e outras cidades son tamén lugares aos que acude regularmente a dar concertos. Iniciouse no piano no Conservatorio do Carballiño, donde agora é profesor, e logo completou estudos en Santiago, Madrid e Barcelona. Ao longo de todos estes anos conseguiu varios premios e becas e foi profesor da Escuela de Música Creativa de Madrid (ESMUC).

-¿Contar cunha cita semanal non condiciona o traballo?

-Non. Ao contrario, esíxeche máis e convírtese nun verdadeiro estímulo. Cambiamos o repertorio todas as semanas e iso fai que teñas que traballalo moito. E cada quince días temos artista invitado, co cal tes que crear un repertorio adaptado para esa persoa. Está semana temos a Wilfred Wild.

-¿Valárase o esforzo?

-É algo que notas e que che dá unha satisfacción especial. Xeralmente o Latino está cheo e ves moita xente que repite, semana a semana ou con moita frecuencia, e iso quere dicir que lle gusta á xente. E vemos que hai persoas de Vigo ou doutras cidades que fan eses cen quilómetros para acudir ao concerto. Iso quere dicir algo.

-Tocou con importantes músicos e grupos. ¿Que o levou a voltar ao Carbaliño?

-Botei sete anos en Madrid e catro en Barcelona. É certo que hai moitas máis oportunidades e posibilidades de facer cousas, aínda que tamén é certo que na maior parte das veces son proxectos en precario, sen tempo para preparalos ou ensaiar e todo feito ás presas. Aquí tes outro ritmo, podes adicarlle o tempo que requiren as cousas para facelo ben, tes outra calidade de vida e o traballo ten outra consideración.

-¿Cantos anos leva de profesor no conservatorio?

-Non levo a conta con precisión pero por aí uns vinte.

-¿De Rock & Juana ao jazz?

-Son etapas que vas cubrindo na túa vida. Vas escoitando cousas e iso faite evolucionar. Da mesma maneira que me acheguei ao jazz latino polo seu sabor e actualmente xa me centro no jazz.

-¿Por que edita tan pouco?

-Agora vai sair o meu terceiro disco, e participei noutros dous colectivos. Todo vai surxindo e non me atopo a gusto gravando, sinto que perdo a naturalidade e a frescura. Prefiro o directo, aí é onde me atopo ben e disfruto.

-¿E un disco en directo?

-Esa é a meta, mais creo que non antes de dous anos.

-¿Ten algún outro proxecto?

-Vou iniciar unha xira de concertos cun quinteto. Entre outros participa o cantante portugués Manuel Linhares.