O Carballiño e O Ribeiro visto dende o obxectivo dos Potiños

La Voz OURENSE

O CARBALLIÑO

<span lang= gl >Cita no Simeón</span>. Varios membros de O Potiños, co seu presidente á esquerda, xunto ao delegelado da Xunta (Rogelio Martínez), ao vicepresidente da Deputación de Ourense (Rosendo Luis Fernández), ao presidente do GDR 9 (Francisco José Pérez) e a Javier Blanco (representante de Agader).
Cita no Simeón. Varios membros de O Potiños, co seu presidente á esquerda, xunto ao delegelado da Xunta (Rogelio Martínez), ao vicepresidente da Deputación de Ourense (Rosendo Luis Fernández), ao presidente do GDR 9 (Francisco José Pérez) e a Javier Blanco (representante de Agader). miguel villar< / span>

O Grupo de Desenvolvemento Rural publica unha guía visual en colaboración co colectivo fotográfico carballiñés

19 jun 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Achegar unha imaxe diferente, alonxada dos lugares comúns e das fotografías coñecidas de vello. Con esa premisa como punto de partida xestouse a publicación Carballiño-O Ribeiro. Baixo outra mirada, unha guía visual chamada a espallar a singularidade dos dezanove concellos que compoñen as dúas comarcas vencelladas ao Grupo de Desenvolvemento Rural 9.

A proposta para artellar o proxecto partiu do GDR 9, que lle trasladou o encargo á asociación fotográfica carballiñesa O Potiños. Os membros do colectivo percorreron durante semanas as dúas comarcas para facer o seu traballo e achegaron un fondo documental que superaba as mil cincocentas imaxes. Na presentación da guía visual, acto celebrado onte no Simeón, o presidente de O Potiños, Manuel Blanco agradeceu a confianza depositada polo GDR 9 nos membros do grupo e fixo un recoñecemento expreso ao traballo de selección das imaxes e ao editor da publicación, Luís Baños (Visualq). En Carballiño-O Ribeiro. Baixo outra mirada recóllense orixinais de vintecatro fotógrafos.

O presidente do grupo de desenvolvemento, o alcalde de Leiro Francisco José Fernández Pérez, salientou o proxecto promovido dende o organismo chamado a dinamizar as comarcas dentro do plan territorial de Agader (a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) e lembrou que a publicación é unha das accións desenvolvidas nestes anos, dende que se constituiu o GDR 9 en xuño do ano 2008.

Lembranza de Lourdes Ogando

Non foron os últimos días xornadas de ledicia para o colectivo. E o seu presidente, Manuel Blanco tivo onte palabras de lembranza para Lourdes Ogando -«a compañeira de Potiños que faleceu esta semana», dixo coa voz afectada- e de agradecemento para Rodrigo González, o membro do GDR 9 que propuxo o proxecto.