Agustín Fernández Paz y Xesús Alonso Montero gañan o premio Antón Losada Diéguez

Jesús Manuel García OURENSE

O CARBALLIÑO

O xurado da 27 edición escolleu as obras «Non hai noite tann longa», de Paz e «Anibal Otero. Lingüística e política» de Montero.

21 abr 2012 . Actualizado a las 22:06 h.

No Concello de Boborás fallouse onte a 27 edición do premio Antón Losada Diéguez que na modalidade de Creación Literaria recaeu na obra «Non hai noite tan longa», de Agustín Fernández Paz. O xurado destacou que este traballo nos reconcilia coa nosa memoria. E na modalidade Investigación e Ensaio resultou galardoada a obra «Anibal Otero. Lingüística e política», de Xesús Alonso Montero. O xurado valorou que esta obra rescata unha figura importante da cultura galega do pasado século. As dúas obras premiadas foron editadas por Xerais. O premio consiste na entrega de 6.000 euros aos autores. A súa organización corresponde aos concellos de O Carballiño e Boborás. Nesta edición presentáronse 18 traballos na primeira modalidade e 16 na segunda.