Chega a segunda edición do Festival no Castelo do Bolo

O festival celebrarase o día 14 de xullo


Sábado 14 • 17.00 horas • Castelo do Bolo • A Deputación de Ourense acolleu a presentación da segunda edición do Festival no Castelo do Bolo. Asistiron o acto o vicepresidente, Rosendo Fernández, e o recoñecido gaiteiro Óscar Ibáñez, que se encargaron de ensalzar a labor que o alcalde de O Bolo, Manuel Corzo, e do director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo, realizan polo concello e pola prosperidade da súa cultura. O festival, que homenaxea a un grupo referente no mundo da gaita como é Rosales de Rianxo, comezará ás 17.00 horas cunha mostra de cetrería a cargo das Rapiñas do Salnés e estenderase ao longo de toda a tarde. Ademais, o Castelo gozará de forma permanente, ata o 25 de setembro, dunha exposición de gaitas primitivas.

 

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Chega a segunda edición do Festival no Castelo do Bolo